O Deputado de Medio Rural, Lino Rodríguez Ónega, participou hoxe no acto de clausura do Máster en Produción de Leite da USC, co que colabora o Goberno da Deputación no marco do Plan de Choque asinado coa USC. O Executivo Provincial destinou 350.000 euros á quinta edición deste plan, co que colabora coa USC na promoción do Campus Terra e de Lugo como cidade universitaria. Rodríguez Ónega trasladou os seus parabéns aos 10 alumnos que recibiron o seu diploma acreditativo.
Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales coma reconocerte cando volves á nosa web ou axudar ó noso equipo a comprender qué seccións da web atopas máis interesantes e útiles.