BNG-Asambleas abertas avoga por impoñer cláusulas sociais nos contratos do Concello cas empresas

O candidato do BNG-Asambleas Abertas, Rubén Arroxo, mantivo unha xuntanza con representantes da CIGa, que presentaron unha proposta emanada dende a federacion da construción e da madeira, para a inclusión de cláusulas sociais nos contratos de obras do sector público.

Rubén Arroxo sinalou que “as administracións públicas, por medio da contratación de obras e servizos, interveñen directamente na dinamización da vida económica e social do país” e “a contratación de obra pública, máis alá da función instrumental para cubrir determinadas necesidades, debe contemplarse como posibilidade de mellora do emprego, da calidade do mesmo e como elemento activador das potencialidades económicas”.

Arroxo incidiu en “que “temos a obriga de velar para que os recursos públicos, que pertencen a toda a xente, sexan usados de acordo coa legalidade e se impida facer uso fraudulento dos mesmos, mediante calquera práctica especulativa ou que conculque dereitos dos traballadores””.

O candidato do BNG-Asambleas Abertas sinalou que “as empresas que traballen para o concello de Lugo non poderán facer “o que lles dea gana” cos seus traballadores” e engadiu que “o BNG xa ten demostrado coa súa participación no goberno da Deputación, como é posible obrigar ás empresas a respetar os dereitos laborais dos traballadores”.

“”Apostamos decididamente pola inclusión de cláusulas sociais nos procedementos de contratación de obras públicas”” dixo Rubén Arroxo, sinalando “como “a obra pública está a día de hoxe, baixo sospeita polos innumerables casos de corrupción asociados á mesma”” e engadiu que ““temos  que loitar para eliminar as malas prácticas empresariais””.

Para o BNG-Asambleas Abertas “as administracións públicas en lugar de desentenderse das condicións de traballo, teñen a obriga de ser exemplares, e tamén exemplarizantes no cumprimento da lexislación nas obras executadas baixo a súa responsabilidade”. Arroxo dixo que “non existen normas europeas nin estatais, que impidan a introdución de cláusulas de salvagarda de dereitos sociais e laborais nos pregos de procedementos de contratación”.

Rubén Arroxo:

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com