Raiolas estrea novo local en Lugo

O Voceiro do Goberno Provincial, Álvaro Santos Ramos, e a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López, participaron hoxe na inauguración do novo local que Raiolas estrea na cidade de Lugo, e co que colabora a Deputación. Fixérono acompañados pola Presidenta do colectivo, María Inés Flores Lozano, así como de persoas que o integran.

Santos Ramos destacou o Goberno Provincial colabora estreitamente con Raiolas para reforzas a prestación de servizos que a entidade ofrece aos seus usuarios. Deste xeito, o voceiro destacou que no que vai de mandato, o Executivo destinou máis de 170.000 euros cos que impulsar o catalogo de servizos que ofrece aos veciños. Dentro deste orzamento inclúense 63.000 euros para contribuír a atención ambulatoria, 17.000 euros para a dotación dunha caldeira de gas e a instalación dun sistema de calefacción e 90.000 euros para dotar a provincia do 1º centro de día de autismo, na gardería do campus. 

O voceiro do Goberno explicou que previsiblemente, no mes de febreiro, poderanse iniciar as derradeiras obras na gardería do Campus para transformala no primeiro centro de día de autismo na provincia, e que contaron cunha achega provincial de 90.000 euros. Estas actuacións, que teñen un prazo de execución de 3 meses, son necesarias debido aos actos vandálicos que sufriron estas instalacións que a Deputación cedeu gratis a Raiolas. Nelas, o colectivo poderá ofrecer atención profesional a 20 persoas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com