Rábade acolle a exposición ‘Imaxes do Nadal’

A Casa do Concello de Rábade, será o seguinte punto ao que chegará a mostra de fotografías Imaxes do Nadal que xa se expuxo o pasado ano en Lugo, Begonte en Chantada e, este ano, en Guitiriz e que se levára a outros puntos da Terra Chá como Vilalba.

Así mañá martes, 18 de decembro ás 11.00 horas, na Casa Consistorial rabadense inauguraráse esta mostra con imaxes dos fotógrafos lucenses Eduardo Ochoa, Miguel Calvo, Eduardo Gago, Miguel Fraga, Xosé Manuel Otero, José Manuel Guisasola, Gerardo L. Méndez, Hixinio Flores e Toñi Fernández Ónega (in memoriam). Esta mostra é unha iniciativa do centro cultural José Domínguez Guizán de Begonte (entidade promotora do Belén Electrónico de Begonte) e o Grupo Fotográfico Fonmiñá de Lugo.

As 39 fotografías desta exposición conforman unha perspectiva poliédrica de temas do Nadal, comprendendo visións tradicionais, humanas, paisaxistas…sempre suxerentes e atractivas.

A mostra pode contemplarse ata o próximo 31 de decembro, na planta baixa –entrada- da Casa do Concello de Rábade, e do  3 ao 14 de xaneiro próximo estará na Casa da Cultura de Vilalba.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com