O Concello de Mondoñedo enviou a Patrimonio o proxecto co que se mellorarán os accesos na zona de Os Castros e Rocha de Vélez ata a Residencia da Terceira Idade e Centro de Día. A alcaldesa da localidade, Elena Candia, precisa “se trata dun documento de traballo feito tralas escavacións arqueolóxicas coas que se delimitaron as zonas de protección e co que se busca ter unha proposta de traballo para consensuar cos veciños e veciñas”.
O proxecto que promove o Concello, cun orzamento de 499.286,64 euros, establece a ampliación da Rúa dos Castros e da Rúa Rocha de Vélez, ata alcanzar un ancho de 5 metros, ademais da apertura dun novo tramo viario para conectalas, que se abre antes do cruce das dúas vías, para evitar así a demolición das edificacións existentes.
O trazado da rúa e a proposta de ampliación iníciase entre as edificacións do Hospital de San Pablo e la residencia de maiores, situados fronte á Alameda dos Remedios, na cal se celebran varias festas municipais, e continúa pola Rúa Os Castros ata o final da Rúa Rocha de Vélez. Previo á confluencia de ambas rúas, proponse un desvío, evitando así unha zona das rúas estreita que discorre entre edificacións. O final da actuación coincide coa conexión da Rúa Rocha de Vélez coa Travesía de Carlos Folgueira.
Con este proxecto mellorase o trazado das rúas para dotar ao centro urbano dun novo acceso directo sen necesidade de atravesar as rúas interiores da cidade, ademais de que se posibilita o acceso e a saída polo oeste da cidade cando a alameda se encontra ocupada por algún evento. Na actualidade estas rúas son estreitas e descorren entre edificacións e un muro de pedra. Deste xeito, a execución das obras implica a ocupación dos terreos públicos colindantes nas zonas nas que se realiza a ampliación da rúa, así como o tramo de nova apertura. Ao tratarse dunha zona na que o Concello ten algunha parcela a actuación permitirá ademais poñer en valor o entorno.
O Concello pretender xerar un novo acceso ao centro da cidade dende o norte que evite o tráfico no interior do casco urbano, mellorando desta forma as condicións de seguridade e accesibilidade dos peóns e mellorando a experiencia dos visitantes que se acercan a Mondoñedo. Con este obxectivo, ampliaranse as rúas Rocha de Vélez e Rúa dos Castros ata conseguir un ancho de cinco metros que permitirá combinar o tráfico nunha dirección co tráfico peonil e, en condicións excepcionais, os días de eventos na Alameda permitirá o tráfico nas dúas direccións.
Ademais, co fin de evitar que o tráfico se introduza no casco urbano e simplificar a súa execución evitando a demolición de varias edificacións residenciais e o encontro actual das dúas rúas, proxéctase un desvío pola parte posterior das edificacións, que permitirá habilitar un sobreancho para aparcamento de vehículos en batería, aproximadamente duns 30 vehículos.