Cs Sarria alerta da falta de seguridade polas obras da rúa Diego Pazos

Cidadáns alerta da falta de seguridade das obras da rúa Diego Pazos, en pleno centro de Sarria. Unhas obras de humanización da vila que “son necesarias” pero que quizais, explica, o coordinador local de Cs, Luís Álvarez Rey “non se escolleu o mellor momento para levalas a cabo”.

Desde Cs, o coordinador local da agrupación, alerta do perigo que as mesmas supoñen para os viandantes e usuarios da zona, xa que “se trata dunha zona comercial e moi concorrida” e, explica, “observamos como as numerosas persoas que circulan pola zona conviven coa maquinaria pesada e perigosa utilizada e os peóns teñen que sortear máquinas e buracos”.

Por todo iso, desde Cidadáns pídese que “os traballos que entrañan maior risco para a integridade dos viandantes realícense nun horario no que os establecementos comerciais estean pechados, cun mínimo tránsito de peóns e sen prexuízo para os residentes da rúa”, así mesmo, explica Rey solicitamos “que se adopten as medidas de seguridade necesarias para unha perfecta convivencia entre obras, comerciantes, viandantes e residentes (sen prexuízo dos prazos establecidos)”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com