A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez supervisou hoxe as obras de acceso ao porto de Burela

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, supervisou hoxe as obras de acceso ao porto de Burela.

O rexedor do concello de Burela, José Manuel Barcia, contou que “ Ethel Vázquez estivo en Burela para visitar as obras o acceso ao porto burelés, que teñen unha enorme importancia para o noso concello; e non soamente polo que significa como investimento, que é moi importante, senón porque vai desconxestionar bastante tráfico do casco urbano de Burela xa que traerá consigo que practicamente todo o tráfico que se xera no porto vai entrar e saír por ese acceso, que ten unha rotonda na zona próxima ao río Perdouro e chega ás inmediacións de Absa nun recorrido de aproximadamente un quilómetro e trescentos metros”.

José Manuel González Barcia subliña que “este investimento é realmente importante porque estamos falando de case 8 millóns de euros de inversión entre o proxecto e a obra en si mesma. Nestes momentos pode dicirse que é unha das obras máis importantes que está acometendo en materia de infraestruturas viarias a Xunta de Galicia na provincia de Lugo”.

Segundo o alcalde burelés “as obras van a bo ritmo e hoxe mesmo puidemos comprobalo: os traballos de drenaxe están moi avanzados, practicamente concluídos e nos próximos días, xa previsiblemente nesta semana, vaise comezar a traballar no que se refire ao modificado do itinerario da vía do ferrocarril, que é a actuación máis problemática dentro do conxunto da obra, que ten unha complexidade técnica realmente importante, tendo en conta que hai que desprazar a vía do tren en dous puntos concretos.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com