Concerto de Nadal do Orfeón Lucense

O Orfeón Lucense ofrecerá o vindeiro sábado o seu tradicional Concerto de Nadal, na igrexa de A Nova, ás 20:30 horas. Interpretará un repertorio de cantos de Nadal, con especial incidencia nas panxoliñas galegas.

Dirixirá o Orfeón o seu titular, Marcos Fernández Mosquera, e neste concerto participará o violinista Carlos Rodríguez Otero, galego residente en Bristol, que pasa en Lugo as súas vacacións de Nadal, que na actualidade ten 19 anos, tendo participado desde neno nas actividades do Nadal do Orfeón. Carlos Rodríguez é neto do escritor Manuel Rodríguez López, fillo predilecto de Paradela, que da nome ao Certame Literario do Concello do que este mércores se entregaron os premios na súa XXIII edición.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com