O Grupo Municipal de Cidadáns no Concello de Lugo critica que a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, aínda non solucionara a folga dos traballadores municipais, “tras catro días de paro, a alcaldesa non foi capaz de convocar o comité de folga, o que é unha mostra evidente da súa despreocupación polo que ocorre no Concello”, afirma Olga Louzao, voceira do Grupo Municipal de Ciudadanos Lugo.
“Os servizos están paralizados e son moitos os cidadáns que se achegan as dependencias municipais a realizar trámites que finalmente non poden levar a cabo”, considera a voceira.
Os funcionarios municipais levan catro días de folga pola nova Relación de Postos de Traballo que o goberno pretende levar a cabo. “Ningún grupo municipal apoia a xestión deste goberno: a cidadanía hai tempo que perdeu a confianza nesta alcaldesa e agora tamén os seus propios traballadores municipais danlle as costas. Lara Méndez está cada vez máis soa, o que é un síntoma do esgotamento deste Goberno”, conclúe a concelleira.