O BNG reclama no Parlamento máis calefacción para o Centro Médico do Saviñao

BNG presentou unha iniciativa no Parlamento Galego para instar á Xunta de Galicia a pór a disposición do Concello do Saviñao os medios necesarios para garantir unha “temperatura acaída” no centro de saúde. Así mesmo, a Parlamentaria Olalla Rodil instou ao Goberno galego a asumir a xestión íntegra deste centro de saúde e a axilizar o procedemento de construción da infraestrutura nova comprometida.

Rodil explicou que o pasado 30 de novembro de 2018 a CIG denunciou publicamente que “desde o día 26 dese mesmo mes o Centro de Saúde do Concello do Saviñao non conta coa temperatura acaída e está por baixo do que debería”. Desde o Grupo municipal do BNG no Saviñao formuláronse preguntas dirixidas ao alcalde para preguntar por esta situación tendo en conta, alén do máis, que hai dous anos o concello instalou un “district heating” que alimenta de calefacción varios edificios públicos a través de biomasa.

Dende a alcaldía recoñecéronse as queixas veciñais diarias mais que o persoal técnico municipal non era quen de pór a funcionar a devandita instalación de maneira correcta. Dende o BNG considerase “inadmisible” que a situación continúe sen ser arranxada especialmente tendo en conta os prexuízos que carrexa para a veciñanza.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com