Mondoñedo adquire a superficie precisa para eliminar un punto inseguro no Couto de Otero

A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, e a familia Arias Sanmartín asinaron hoxe na notaría da localidade un acordo para a compra por parte do Goberno local da superficie precisa que permita eliminar un punto inseguro no Couto de Otero. Esta rúbrica permitiralle ao Concello a posta en marcha da primeira fase de intervención na zona, o que favorecerá humanizar o barrio e embelecer unha das entradas á cidade.

Desde o Concello mantéñense conversas con outros propietarios para seguir avanzando nestes traballos. O Concello prevé executar de maneira inmediata a demolición desta ruína. O acordo asinado hoxe permitirá a demolición dun edificio e muro tradicionais situados no número 6 do Barrio do Couto de Otero na parroquia de Nosa Señora do Carme nunha parcela situada ao carón da traza do Camiño de Santiago do Norte, Ruta da Costa.

A alcaldesa, Elena Candia, explica que se fixo esta petición para eliminar un punto perigoso para a circulación e avanza que será a primeira actuación na contorna de Coto de Otero, “pero non a única que se levará a cabo para gañar espazo, eliminar riscos e incrementar a seguridade na zona”. A actuación de humanización ten como obxectivo ademais embelecer unha entrada a Mondoñedo dentro da delimitación do ben de interese cultural do Camiño Francés, declarado Patrimonio Mundial pola Unesco o 11 de decembro de 1993.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com