O PSOE de As Nogais denuncia que o goberno do PP intenta enganar aos veciños apropiándose de actividades que financia a Deputación. Os socialistas critican que o Alcalde ten publicado en varios puntos do municipio o cartel da programación de Nadal que ofrece o organismo provincial co escudo e nome da Deputación tapado e solapado cun cartel feito por eles, onde aparece, cun selo do Concello, a actuación que se vai desenvolver no municipio. “O Partido Popular da a entender que é o Consistorio o que promove e financia este acto cando non é certo. Intentan manipular aos veciños e veciñas dun xeito descarado e moi descortés. Non vale todo e non o imos a permitir” censurou o voceiro do PSOE, Alfredo Guiu.
Trátase do espectáculo que o mago Carlos dará no Centro Sociocultural de As Nogais este domingo. O socialista tachou “o comportamento do PP dunha grave falta de respecto a todos os cidadáns e sobre todo ao Goberno da Deputación. Non se pode tratar así a unha institución amiga, que está financiando unha actuación e que o fai co único obxectivo de dinamizar a actividade na vila e de ofrecerlles aos cativos o. Intentar sacar rédito político deste tipo de iniciativas resumen moi ben a catadura moral do Alcalde e do seu equipo de goberno. Por desgraza, estas prácticas son habituais no PP de As Nogais e xa non nos sorprende a súa falta de transparencia e de ética”.
Neste eido, Alfredo Guiu subliñou que “agardamos que os populares indiquen de forma clara, co cartel oficial que teñen a obriga de colocar, que as próximas obras que se van a facer no Concello e que beneficiarán ao conxunto do municipio as financia o Executivo Provincial a través do Plan Único. O Alcalde debería ser máis agradecido co Goberno da Deputación, pois son os únicos que achegan investimentos reais ás Nogais. O PP ten unhas responsabilidades e ten que traballar por atender as demandas dos veciños e veciñas e deixar de pensar nos seus intereses partidistas”.