O grupo socialista de Baralla denuncia un vertedoiro ilegal en terreos do Concello de Baralla, concretamente detrás do cementerio municipal. O grupo municipal denuncia que é habitual ver montañas de lixo amontoadas de diverso tipo: rodas, plásticos, colchóns, coroas funerarias, etcétera que se tapan con madeira e ramas e se lles soe prender lume. Asemade, aseguran que despois da queima maquinaria vai o lugar a tapar e soterrar os restos.
O voceiro socialista, Jaime González, denuncia que se está a cometer un contínuo e reiterado delito ecolóxico, tanto polo que alí se enterra, coma polas emisión tóxicas deste tipo de elementos ó arder, do cal se teñen queixado os vecinos. Non se trata dun caso puntual, aseguran os socialistas, senón de algo que se ven facendo ó longo do tempo de xeito continuado, e que parece que co goberno de González Capón sempre aparece lixo onde xestiona ó Concello.
Debido polo tanto a que esto non deixa de suceder, o grupo socialista deu aviso ó Seprona, e espera que se tomen medidas para evitar esto e para poder dar cos responsables destes feitos.