Unanimidade para eliminar definitivamente os escudos franquistas da cidade

Xornada hoxe de pleno municipal, no que había poucos temas a tratar. Entre eles, e conseguindo a unanimidade, destacaba a moción do BNG para eliminar definitivamente os escudos franquistas da cidade de Lugo, lembrando os enfrontamentos entre o PP da Xunta e os soialistas do Concello tras as actuacións realizadas polo ente autonómico cubrindo o escudo do IES Lucus Augusti. O voceiro nacionalista, Rubén Arroxo, pediu ao goberno local que, mentres non se retiren os escudos, que tampouco se destapen como instaron á Xunta a facer co do Lucus Augusti. 

“Isto foi unha argallada política do PP, para que o PSOE dese a orde de destapar, e así os votantes da ultradereita do PP, que non queren perder, contentos”, resaltaba Arroxo quen esixía que “se retiren definitivamente o escudo do Lucus Augusti como os outros que quedan e, cando menos, que se manteñan as coberturas provisionais”.

Nestos enfrontamentos centráronse todos os grupos. Así Carlos Portomeñe, voceiro de ACE-Eu, criticou duramente as polémicas ás que se unen continuamente a rexedora contra o delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, e pediulles que deixen de perder o tempo. “Temos dous fixaches extracomunitarios, a señora Lara Méndez e o señor Balseiro que se dedican a ir pola cidade co seu atril polemizando sobre temas concretos, e un destes temas e o escudo do instituto Lucus Augusti. O tema é que conseguiron encher algunha paxiniña do periódico que é o que buscan”, sentenciou Portomeñe.

Outra das mocións, aprobada a pesares da abstención do equipo de goberno, foi a presentada por Cidadáns para modificar a lei de xogo dado o crecemento desmedido da ludopatía en xente nova. “Nun recente estudo en Galicia, o 20% dos menores entre 14 e 16 anos admitiron tera postado algunha vez e un dos motivos é a facilidade de acceder ás máquinas de apostas”,  explicou a voceira da agrupación, Olga Louzao. 

“É imprescindible tomar medidas para evitar que sexan máis mozos e mozas os que acaben enganchados, e nestas medidas débese implicar unha administración como a nosa. Hoxe en día non vemos anuncios de tabaco ou de alcohol pero estamos a ser bombardeados en todos os medios de comunicación e na rúa coa posibilidade de gañar cartos de xeito rápido e sinxelo e isto é un incentivo a probar que pode acabar xerando un grave problema de ludopatía”.

Daniel Piñeiro, voceiro do goberno nesta moción, explicou que pese a que o seu grupo está de acordo en limitar o acceso a salas de apostas e de xogo, a agrupación socialista considera que ten que cambiar a lexislación estatal e, posteriormente a autonómica, antes de que desde o concello se poda facer algunha modificación. Pese a que non se opuxeron, o equipo de goberno, como diciamos, abstívose na votación por entender que non se pode prohibir, a nivel local, algo que non está lexislado a niveis superiores.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. @Donatelo
    Dec 28, 2018 - 12:44 AM

    Si si, eso es lo que nos importa a los ciudadanos, con politicos de este calibre como no va a ir como… https://t.co/ODJAkjY6Wx

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com