Unha avaría na descarga dunha cisterna que transportaba gas natural licuado no Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo, provocou unha fuga do mesmo.
Tras a chamada dun dos técnicos do hospital, pasadas as 13:30 horas que informaba do suceso, o persoal Centro Integrado de Atención as Emerxencias (CIAE) 112 Galicia, puxo en alerta ao 061-Urxencias Sanitarias e aos Bombeiros de Lugo, que de contado se desprazaron ata o lugar. Ademáis, informouse da situación aos axentes da Policía Nacional, Local e a Protección Civil da localidade. Tamén, o persoal da empresa suministradora deste gas foi alertado polos xestores de emerxencias.
Unha vez no punto, controlada a fuga e analizada a situación, os servicios de emerxencia descartaron a evacuación do centro hospitalario. Así mesmo confirmouse que tras ser asistidos no servizo de urxencias do memos hospital, un dos traballadores, ferido con queimaduras, foi derivado á Unidade de Queimados do Hospital Universitario da Coruña.