AJYPEL convoca unha manifestación en defensa dos dereitos dos pensionistas

A Asociación de Xubilados e Pensionistas de Lugo (AJYPEL) vén de convocar unha manifestación para o vindeiro luns, 7 de xaneiro ás 7.30 da tarde. Unha concentración que percorrerá as rúas do Casco Histórico e a Ronda da Muralla en defensa dos dereitos deste colectivo que, segundo afirman, os distintos gobernos foron suprimindo. Dende a asociación invitan a todos os lucenses, pensionistas ou non, a participar desta manifestación.

Entre as peticións deste colectivo atópase a actualización das pensións acorde ao IPC real, así como o blindaxe das mesmas tanto na actualidade como nun futuro. Asemade, a Asociación vai máis alá e reclama a incorporación de medicamentos retirados, que o Sergas se faga cargo de tratamentos auditivos, bucais e ópticos, ou que “ningún cidadán pase frío por non poder pagar a calefacción”.

Do mesmo xeito, a manifestación reclamará a exención do IRPF por non ser rendemento o traballo ou ter presenza nos diferentes órganos de decisión sobre as pensións.  Segundo a asociación todos estas, son garantías presentes na Constitución e, calqueira que o desexe, ten o dereito de reclamalas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com