A Consellería do Medio Rural colaborou co Concello de Abadín na adquisición dun camión para reforzar as tarefas de roza neste municipio. O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, estivo hoxe no concello con motivo da adquisición da nova maquinaria acompañado polo alcalde, José María López Rancaño. O camión será empregado nas labores de prevención de incendios forestais neste concello e segundo salientou o delegado, “é o único dispoñible actualmente en Galicia coas súas características funcionais”.
A Xunta achega 85.000 euros do custo total do camión, que ascende a 198.000 euros. A colaboración realízase a través dun convenio co que se trata de facilitar, por parte da Administración autonómica, a realización dos traballos de limpeza de matogueira no ámbito de competencias das entidades locais. A Consellería asinou acordos con diversos concellos de toda Galicia para financiar a compra de maquinaria, co obxecto de facilitarlles a execución dos traballos de limpeza nas infraestruturas rurais, predios e redes secundarias de faixas de xestión de biomasa.