A campaña solidaria do Club Baloncesto Sarria , en colaboración con Cáritas Interparroquial Sarria, resultou un completo éxito. Un total de 12 considerabeis caixas e 6 grandes bolsas cheas de material moi diverso foron o resultado da aportación das familias da entidade baloncestística do sur lucense, así como doutras persoas non vencelladas ao clube e que quixeron contribuir a tal necesario fin.
Cáritas Interparroquial Sarria xa dispón nas súas instalacións dende onte xoves 3 de todo este material, formado por moi variados xoguetes, libros, contos e material deportivo que seguro fará as delicias dos máis necesitados nestes próximos días e onde os máis pequenos son os verdadeiros protagonistas.
O CB Sarria quere agradecer a enorme colaboración das familias que forman parte da súa entidade e de Cáritas Interparroquial Sarria para a realización desta camapaña solidaria, que desta volta pode considerarse un enorme éxito