O Grupo Municipal de Cidadáns Lugo denunciou esta mañá a mala xestión e a falta de previsión da concellería de servizo sociais na convocatoria ás subvencións as asociacións de carácter social.
“Cada ano ocorre o mesmo coas subvencións as asociacións, no mes de decembro o Goberno Local recorda que as asociacións existen e lles entran présas para convocar as axudas antes de que remate o ano. Estas présas crean o caos, que acaban pagando as asociacións ao soo ter un día hábil para preparar a xustificacións das axudas”, considera Olga Louzao, voceira da agrupación.
O día 27 de decembro avisouse da convocatorias destas axudas as diferentes asociacións de eido social de Lugo, tendo tan so ata o día 30 -domingo- para preparar a xustificación, o que provocou que só puideran preparala o venres ou o sábado, día non laborable.
“Isto é unha cambadela mais que fai a concellería de Servizos Sociais ás diferentes asociacións que hai en Lugo. En vez de dar as máximas facilidades a estas organizacións para poder levar a cabo a súa gran labor, este goberno fai o contrario”, remata Louzao.