Un incendio nun restaurante obriga a desaloxar un piso en Burela

Un incendio orixinado nun restaurante obrigou a desaloxar aos ocupantes dunha vivenda situada no andar superior. Afortunadamente, ninguén resultou gravemente afectado, agás unha persoa que foi atendida no punto sen necesidade de ser trasladada ao Hospital. Segundo a información facilitada polo 112 Galicia, o lume comezou ao fío da unha da tarde de onte na grella do restaurante situado nas proximidades do Palacio de Cristal, en Burela, e foise propagando pola cheminea e as terrazas dos pisos superiores. Os servizos de emerxencias procederon ao desaloxo do primeiro andar mentres duraron as tarefas de extinción.

E ese non foi o único incendio rexistrado onte na provincia de Lugo. En Cospeito, resultou calcinado un garaxe no que se gardaban dous vehículos, madeira e ferramentas.  Precisamente, o lume comezou nunha furgoneta, que ardeu nun 70 por cento, e foise estendendo a outro turismo e ao resto de obxectos que había na estancia. Cando os propietarios foron conscientes do incendio correron a retirar o coche, que conseguiron salvar, pero aínda así veuse afectada a defensa.

Foron os propios implicados quen chamaron para pedir axuda cando iban a dar as 14:30 da tarde. Deseguido, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia pasou aviso aos Bombeiros de Vilalba e á Garda Civil.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com