O Grupo Popular considera “bochornoso e moi grave” que a alcaldesa de Lugo utilice aos Reis Magos para dar un mitin político aos nenos da cidade tralo remate da cabalgata. O voceiro popular Antonio Ameijide afirma que “é unha baixeza e unha falta de respecto aos nenos de Lugo” que nun acto público infantil se traslade “unha mensaxe política” en alusión á enumeración de obras e proxectos aos que se referiu Melchor durante o discurso entre os cales figuraba a praia fluvial, o derrube do Garañón ou a intermodal, entre outros, así como solicitar apoio e os votos para uns orzamentos dos que o PP non ten nin a primeira nova.
Os populares condenan este feito e o cualifican de “vergoñento” afirmando que “unha vez máis a alcaldesa de Lugo non estivo á altura do cargo que ocupa” asegurando que o sucedido “supera calquera dos despropósitos protagonizados pola rexedora ao longo deste mandato”. Ameijide matiza que foron os propios lucenses, que asistían ao acto, os que amosaron o seu malestar cunha sonora pitada a Lara Méndez e que, incluso, houbo quen abandonou indignado a Praza Maior como xesto de protesta por un discurso que estaba fóra de lugar”.
Ameijide reclama a Lara Méndez que se disculpe públicamente asegurando que “se esta nerviosa polo resultado das eleccións o que ten é que traballar e deixar de xogar á manipulación” á vez que lle pediu que se deixe de intentar adoctrinar. “Está claro que a alcaldesa está cada vez máis nerviosa e que en vez de desbloquear e axilizar a xestión recurre, cada vez con máis frecuencia, a prácticas chabacana. “Esta vez saiulle mal a xogada e os lucenses respondérolle con pitidos”.
Amejide explicou que o caso da ineficacia en Lugo é extremo lembrando que o Nadal empezou coa polémica do retraso do alumendo, co dano que supuxo ao comercio local, e agora, remata cuestionando a moralidade do goberno socialista pola politización dun acto por e para os cativos e cativas.