O voceiro do BNG no concello de Lugo, Rubén Arroxo alertou da proliferación de vertedoiros na parroquia de Muxa e nas inmediacións dos peches perimetrais do parque industrial das Gándaras. Arroxo sinalou que o concello ten capacidade e medios para erradicar estes vertedoiros ilegais que producen efecto chamada, e cada vez hai máis e anunciou a presentación de iniciativas ante a comisión correspondente para que se tomen medidas.
As proximidades ao Polígono industrial das Gándaras parece a ruta do moble pola cantidade de restos de mobiliario que se van atopando. O voceiro do BNG visitou a zona e puido comprobar como en máis de media ducia de puntos se atopan vertidoiros de diferente tamaño enviarémoslle ao goberno municipal fotos e as ubicacións exactas para que poidan retirar o lixo e evitar que sigan proliferando. Dende pequenas acumulacións de escombros a auténticas moblerías de desguace foi o que atopou o candidato á alcaldía do BNG nesta zona da cidade.