O Partido Popular acusa ao goberno local de pretender ampliar a plantilla do ciclo da auga a 83 empregados

O voceiro popular Jaime Castiñeira afirmou esta mañá en rolda de prensa, que o goberno municipal prevée aumentar o persoal que se ocupa da xestión do ciclo da auga.

Segundo o popular, dacordo cos informes analizados na Comisión Técnica desta mañá, o número de traballadores polos que paga o Concello pasaría dos 61 actuais aos 83.

“Só hai que lembrar que a xestión do ciclo da auga é un dos caladeiros de votos nos que López Orozco prometía enchufes, tal e como recolle unha gravación feita pública e incluída na Pokemon”, destacou.

Nesa liña, Jaime Castiñeira aseverou que “seremos os lucenses quen, de acordo cos informes, abonaremos un 17,46% máis na parte da auga e un 122% na de saneamento destes recibos”. “É dicir, que pagaremos practicamente o dobre nestes recibos”, resumiu o voceiro popular, quen tamén afirmou que “o goberno municipal leva 10 anos, dende 2005 con Fernández Liñares, dándolle voltas a este tema sen resolver a cuestión”.

“O único que fixo este goberno foi transformar o superávit que herdou no servizo da auga nun déficit, que ascende a tres millóns de euros actualmente, o que representa un 34,35%”, afirmou Castiñeira, quen tamén cargou contra o “desmantelamento continuo e progresivo dos socialistas do servizo municipal de augas”.

Por outra banda, o popular asegurou que “dá a impresión de que todo estaba absolutamente teledirixido polo goberno municipal co obxectivo de optar pola fórmula de xestión directa, xa que nin sequera existen estudos comparativos do custe económico que terían as diferentes alternativas, por moito que o Partido Popular os leve pedindo dende hai catro anos”.

Jaime Castiñeira:

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com