Cubillas lémbralle ao rexedor de Láncara que o proxecto da traída xa “quedaba estudado” polos populares

O voceiro municipal e candidato do PP á alcaldía de Láncara, Santiago Cubillas, asegura que “o alcalde socialista está a vendernos fume”. Así o expón en relación ao anuncio da construción dunha estación de auga potable en Toirán. “Quere facernos ver que é un proxecto impulsado por el mesmo, cando en realidade a obra a realizar xa quedou estudada polo anterior goberno popular do municipio encabezado por Eladio Capón”.

O popular engade que “foi un goberno do Partido Popular o que fixo a traída de auga en Láncara e que a ampliación da mesma ao resto das parroquias xa a recolliamos dende o PP no programa electoral do 2015”. O candidato do PP á alcaldía cre que este proxecto é “necesario” porque considera que “o abastecemento de auga é un dos servizos básicos que o Concello debe facilitar aos veciños e veciñas”. Ademais, Cubillas asegura que “dende o Grupo Municipal Popular xa temos trasladado ás autoridades competentes esta necesidade para o noso municipio”.

Ante este anuncio, Santiago Cubillas recomenda ao rexedor socialista que “cumpra coas funcións que son da súa competencia”. Así, o popular cita, por exemplo, “as melloras da traída de auga en Piñeiroá, na parroquia de Cedrón, e en Vilaesteva que, a pesar de estar proxectadas dende fai anos e que, incluso, el mesmo as prometera; aínda están sen rematar”.

“Outro caso é o da ponte de Santa María da Lama que continúa sen reparar dende que se fundira vai facer dous anos”, engade o popular. Por outra banda, Cubillas recorda que “o rexedor local anunciaba fai arredor de dous meses o contacto cunha familia con raíces en Láncara para o investimento de 15 millóns de euros de cara á implantación dunha gran empresa no municipio. Nese sentido, gustaríame coñecer se ten algunha novidade ao respecto”, conclúe.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com