O BNG “precinta” os paneis dos buses con cartaces denunciando “a inutilidade de algo que non funciona”

O BNG precintou, simbolicamente, os paneis electrónicos dos buses. “Estes paneis non funcionan por que o goberno non ten interese en que funcionen, igual que sucede con todo o referente ao contrato dos buses nesta cidade”, explicou o voceiro da agrupación, Rubén Arroxo. Dende antes da entrada da adxudicación do contrato dos buses urbanos deixaron de funcionar estes paneis e, segundo Arroxo, “temos un sistema de buses do século pasado, a pesares das inversións feitas e de que se colocaron estes aparatos que nunca funcionaron debidamente”.

 “Vemos como a empresa adxudicataria non renovou as liñas nin se puxo en marcha o sistema de seguimento das liñas para que se poidan activar os paneis informativos, séguense facturando voltas ás rotondas e o PSOE parece estar cómodo con esta situación por que non fan nada para que mellore o servizo e se xestione doutra maneira”, dixo Rubén Arroxo. O voceiro do BNG-AA sinalou que a empresa presentou un plan de transporte en xullo de 2017 e a día de hoxe seguimos coas mesmas liñas e servizo de sempre por que o goberno non da os pasos necesarios para que o servizo mellore. 

Dende o BNG lembran tamén que tanto os paneis informativos como a APP seguen sen funcionar, malia que deberan estar en funcionamento dende xuño do 2016 “o goberno municipal só pon escusas absurdas sobre que os sistemas dixitais do transporte público sigan parados, cando a realidade é que amosan un desinterese absoluto”. Arroxo lembraba que a alcaldesa de Lugo chegou a anunciar, ante os medios, que con esta actualización do contrato do servizo de transporte se ían pasar dos 8.200 desprazamentos diarios neste medio de transporte a 44.000 “todo o que nos vendeu a alcaldesa de Lugo a respecto do transporte público foi fume, e estanse a incumprir tanto o contrato como os acordos plenarios”, afirmou o concelleiro do BNG.

 

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. julin
    Xan 10, 2019 - 08:21 PM

    Y gracias que hay paneles informativos xq en fontiñas x ejemplo no existen nunca se sabe Cuando van a… https://t.co/fmv4eNA1Dv

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com