O pavillón municipal de Guitiriz, e os campos de fútbol de Meira e Paradela foron as tres infraestruturas deportivas que inauguraron representantes do organismo provincial ao longo desta última semana.
Conde e Santos Ramos xunto coa alcaldesa Regina Polín, inauguraron o pavillón municipal renovado e adaptado para a práctica de fútbol sala, baloncesto, balonmán, tenis, voleibol, así como outras disciplinas deportivas de interior
O Presidente da Deputación subliñou “esta actuación beneficia a máis de 200 usuarios. Investir en deporte tamén é investir en benestar o deporte base é fundamental para a promoción dunha vida activa e de hábitos de vida saudable”.
O Executivo provincial fixo unha achega de 80.000 euros para a adecuación do piso, acorde coas exixencias das distintas disciplinas deportivas existentes no municipio
As melloras no campo de fútbol municipal do Gandarón de Paradela fixéronse tamén coa axuda do ente provincial. As obras incluíron a nivelación do solo, o levantamento e a sementa de novo céspede natural, así como a ampliación do sistema de rego. Son actuacións das que se beneficiarán os 50 xogadores que empregan este campo acotío.
Este campo é onde xoga de local a S.D. Paradela, composto por 24 xogadores que participan no grupo 9 da 3ª Autonómica. As instalacións tamén son usadas pola, Asociación de Veteranos de Paradela, fundado hai 5 anos e que milita na Primeira División Provincial, formado por outros 24 futbolistas.
Por último, Campos Conde e Rivera Capón supervisaron as obras realizadas no Campo de Fútbol Municipal da Lomba, en Meira, efectuadas cunha achega de 48.000 euros.
Campos Conde destacou que “coa realización destas actuacións damos resposta a unha necesidade dos veciños e veciñas de Meira, dotándoos dun espazo de xogo en condicións idóneas, favorables e de calidade para a práctica deportiva”
Os traballos executados consistiron, na renovación integral do céspede de herba natural, aporte de area para mellorar a permeabilidade, fertilización e sementeira da nova cuberta vexetal, así como a reimplantación do sistema do rego