Legados arquitectónicos que definiron o urbanismo lugués, no calendario municipal do 2019

Os legados arquitectónicos que definiron distintas épocas do urbanismo lugués protagonizan o calendario municipal do 2019, que pode descargarse xa na páxina web municipal, www.lugo.gal. Tamén hai exemplares en papel na Casa  Consistorial.

O calendario foi elaborado polas alumnas e alumnos dos obradoiros de emprego que acadou e que ten en marcha o Concello, InteracTICvate e Fórum 4.0. Entre os espazos e patrimonio que recolle este calendario está a Praza do Ferrol co edificio da Eléctrica Lucense ao fondo, a fachada do Gran Teatro, unha vista da Praza Maior un día de mercado de 1910, as obras de construción da nova torre da Catedral de Lugo, unha vista da ponte sobre o río Miño, unha vista da casa Velarde e a Praza de Abastos, o edificio de ferrocarril de Lugo, unha vista do colexio-internado do Sagrado Corazón de Lugo, o sanatorio Pimentel, o estanque do Parque de Alfonso XIII, a vista do antigo Instituto de Hixiene na Ronda da Muralla ou a vista de edificio de adosados á Muralla, entre outros.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com