En Marea critica a falta de aposta polo tren de Lugo nos orzamentos do Estado 2019

A voceira de En Marea no Congreso, Yolanda Díaz, valorou negativamente a caída do investimento en Galicia nos orzamentos do Estado, que cualificou dun “golpe na cara a Feijóo e que castigan a Galicia enteira”. “Con tanta necesidade de investimentos, de conexións ferroviarias, dixitais e portuarias, é absolutamente decepcionante. Estamos moi lonxe destes orzamentos, facemos un chamamento ao PSdeG porque Galicia ten problemas gravísimos que deben ser solventados”, afirmou.

“O que se cumpre é o salario mínimo, a revalorización non está garantida por Lei, e no subsidio, queremos que se aplique ás persoas en desemprego que cumpren os requisitos para non exluír a centos de persoas en desemprego”, explicou a voceira de En Marea.

Neste mesmos senso, falaba o deputado de En Marea no Congreso por Lugo, Miguel Anxo Fernán Vello, quen afirmou que as partidas contempladas no proxecto de Orzamentos do Estado para Lugo “teñen luces e sombras” e criticou a falta de aposta e compromiso do Goberno Sánchez co ferrocarril na cidade.

Aínda que no cómputo global a cifra total para o territorio lugués medra en relación ao 2018, pasando o orzamento de 60 millóns a 71 millóns despois de anos de significativas reducións orzamentarias, “existen importantes infraestruturas que continúan infradotadas, como o caso do tren”.

Neste sentido, critica a “cativa partida contemplada para a conexión ferroviara LAV Ourense-Lugo que recibe só 235.00 euros”. A precaria liña da antiga FEVE, recollida baixo a denominación de “cercanías, rede de ancho métrico”  non recibe ningún euro a pesar das denuncias de deficiencias.

En relación á mellora da rede convencional, a electrificación da liña Monforte-Lugo que contempla 5,1 millón “deixa o groso dos investimentos para próximos exercicios coa cifra de 31 millóns para 2020”, igual que a renovación e variantes na liña Monforte-Lugo que para este 2019 consigna 8,8 millóns pero o máis voluminoso fica para vindeiros exercicios. “Nesta materia agardamos que se execute o 100% do consignado e poidan emprenderse o ano vindeiro as grandes inversións”.

No que atinxe ao capítulo de estradas, o deputado de En Marea avalia positivamente que se aumenten as partidas para a mellora da rede viaria estatal en Lugo, así destaca os 12,2 millóns en actuacións de conservación e mellora vial, e os proxectos de adecuación de túneles con partidas de 4,5 e 4,8 millóns”. Nesta cuestión amosa a satisfación de En Marea “porque a presión política levada a cabo ao longo da lexislatura denunciando o mal estado de viais, ten un reflexo nos orzamentos”.

Resalta os 5 millóns de euros para a solución da A-8 que “non conta con partidas para o ano 2020, o que de executarse, significa que por fin poderíamos contar cunha solución técnica para circular pola autovía pero para eso é preciso que o grao de execución sexa íntegro”. En canto á A-54, censura os retrasos que fican evidenciados nas partidas para os tramos Arzúa-Melide con 10 millóns e Lavacolla-Arzúa con 16, “o cal indica a demora histórica coa que se está a executar esta autovía”.

No que respecta á I+D+i, no CETAL, e ao igual que nos Orzamentos de 2018, considera que debería recibir maiores partidas.

Fernán Vello afirma que “nesta avaliación de urxencia sobre as partidas para Lugo, observamos melloras pero tamén carencias que trataremos de subsanar no trámite de emendas para que Lugo teña unha redistribución das partidas co fin de poder paliar todos os anos de abandono e redución orzamentaria que sufriu”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com