Balseiro inaugura na Biblioteca Nodal unha mostra sobre o rexurdir do Camiño

A Consellería de Cultura e Turismo inaugurou hoxe na Biblioteca Pública Provincial de Lugo a exposición itinerante que conmemora o 25 aniversario da inclusión do Camiño Francés na Lista Indicativa do Patrimonio Mundial da Unesco. A mostra fotográfica realiza unha retrospectiva sobre este fito que, no contexto do Xacobeo 93, marcou un antes e un despois na peregrinación a Compostela.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, participou no acto e subliñou que o éxito do Xacobeo apóiase “no conxunto dos galegos e galegas, os que hai 25 anos  adoptaron ao Pelegrín como un símbolo máis da identidade colectiva e hoxe manteñen un vínculo de orgullo arredor deste fenómeno”.

Balseiro tamén aproveitou a ocasión para lembrar que, no conxunto de Galicia, o ano 2018  pechou cun balance de 327.378 peregrinos, un 8,75% máis que en 2017 e un 20,38% máis que no último Ano Santo de 2010.

Durante o último ano constátase a crecente internacionalización do Camiño de Santiago. Máis da metade dos peregrinos que chegaron a Galicia procedían do estranxeiro. Chegaron peregrinos de preto de 180 nacionalidades diferentes. Destes, un 67,4% pasaron polos distintas rutas que percorren a provincia de Lugo, isto é un total de 220.980. O itinerario preferido foi o francés con 186.199 peregrinos, seguido do Norte, con 19.040 peregrinos, despois o Primitivo, con 15.038 peregrinos e finalmente o de inverno, que rexistrou 703 peregrinacións.

En canto a variación anual, todas as rutas lucenses incrementaron o número de peregrinacións de xeito especial o Camiño de Inverno (+26,6%), seguido do Primitivo (+9.82%), seguido do Camiño do Norte (+6,72%) e do Camiño Francés (+3,02%)

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com