Oito organizacións sociais galegas rexistran no Parlamento o seu rexeitamento á implantación do “coordinador parental”

Un grupo de oito organizacións sociais galegas ofreceron, esta mañá, unha rolda de prensa en Santiago de Compostela para denunciar a manipulación e control que se está a facer da figura do coordinador parental, cuxa función será a de mediar en divorcios de alta conflitividade cando exista negativa por parte dos fillos ou fillas a manter contacto cun dos proxenitores, e diante da ameaza de que se inicien os trámites paralamentarios para implantala en Galicia.

A rolda de prensa foi convocada por Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (Agamme), Marcha Mundial das Mulleres (MMM), Sindicato Labrego Galego (SLG), Rede de Mulleres Veciñais de Vigo, Asociación de Axuda a Vítimas de Agresións Sexuais do Baixo Miño (Adavas Baixo Miño), Observatorio da Mariña pola Igualdade, Asociación Fuco Buxán e Asociación de Profesionais dos CIM de Galicia. Falaron en nome destas organizacións Estrela Gómez (Agamme), Concha de la Fuente (Marcha Mundial das Mulleres), Lola Santana (Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos de Vigo) e María Ferreiro (Secretaría das Mulleres do SLG).

Ao rematar a rolda de prensa, rexistrouse no Parlamento de Galicia un escrito dirixido ao presidente do Parlamento solicitando a paralización do debate sobre implantación do coordinador parental en Galicia entre outras cinco medidas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com