Noa Innova, empresa tecnolóxica fundada por tres socios en 2011 en Lugo, lanzou en xaneiro de 2019 un
proxecto global de formación dixital cunha nova plataforma didáctica de e-learning para España e Iberoamérica, demostrando que con Internet pódense alcanzar obxectivos globais nos que non existen fronteiras.
Noa Innova que xa conta con importantes clientes en Galicia, Asturias, Cantabria, Castela A Mancha, Castela León, Estremadura e Canarias formando en liña a mais de 3.000 alumnos anuais deseñou un plan estratéxico dixital para chegar en 2019 a todas as Comunidades Autónomas e en 2020 estendelo a Iberoamérica.
Un dos fundadores de Noa Innova, o lucense José María López Bourio, creador de varias start up tecnolóxicas, opina que “as empresas deben de asumir maiores responsabilidades á hora de formar aos seus traballadores para aproveitar as vantaxes da dixitalización”.
Noa Innova coa súa plataforma,
Dixital Busines School, pretende modernizar o sector educativo nas empresas; xa que, dada a rapidez dos cambios
é necesaria unha formación interactiva orientada a fomentar as capacidades aproveitando as vantaxes da tecnoloxía. A plataforma funciona 24 horas os 7 días da semana e é apta para dispositivos móbiles.
A administradora de Noa Innova, Rosa Feijoo, afirma que “as empresas que non adopten estratexias dixitais e de formación nesas habilidades dos seus traballadores están condenadas á desaparición”. A empresa lucense conta con máis de 40 colaboradores profesionais en habilidades dixitais provintes do mundo empresarial, como os mellores mentores dos alumnos; enxeñeiros, psicólogos, economistas, expertos en comunicación, recursos humanos, márketing, plans de negocio, para fomentar a aprendizaxe en liña a través programas formativos innovadores, como os de transformación dixital das empresas e os programas avanzados de talento, cultura e empresa dixital.
Desde Noa Innova afirman que “a mellor maneira de adaptarse aos rápidos cambios é facilitar a empresas e traballadores ferramentas formativas para a construción e transformación dixital especialmente nas Pemes posto que todos os empregos van sufrir o cambio tecnolóxico e en España queda moito por facer, dado que de 19 millóns de traballadores, apenas se forman anualmente 3,5 millóns.”