O tempo está tolo

Non sei o que foi primeiro, se a hipersensibilización pola climatoloxía que nos rodea ou os cálculos precisos dos centros especializados das administracións para a predicción meteorolóxica. As previsións milimétricas e a necesidade de información, retroaliméntanse, e na actualidade a información meteorolóxica desperta moita máis atención que a bursátil, porque na meteoroloxía ninguén pode influir, mentras na económico-bursatil hai bandadas de buitres planeando para atacar.

En tempos, todo estaba máis claro. No verán calor, e no inverno frío. Chovía cando correspondía, e nevaba que daba xenio velo, que eu aínda recordo cando no meu pobo de Vilalba unha nevada podía durar quince días (algunha durou dous meses), e os carámbanos que colgaban dos tellados non furaban coches ao caer porque non os había, sendo un perigo certo que había que sortear.

Os xeógrafos, os entendidos en climatoloxía, non deixan de proclamar que non é que o tempo cambiase, senón que son picos de actividades sen importancia, xa que unha vida humana non da para apreciar os cambios que o clima experimenta, por moitas variacións que notemos, e que o cambiante tempo actual contraste fortemente co que coñecemos a metade do século pasado.

A natureza ten mecanismos propios que regulan o planeta desde antes do comezo dos tempos, pero agora hai elementos novos que inciden de xeito moi forten na marcha desta esfera que enmarca a nosa vida, e técnicos e políticos afirman que a contaminación, a utilización abusiva dos recursos naturais, o maltrato en xeral á natureza, están provocando un cambio climático do que estamos a percibir serios síntomas.

Mentras uns gobernos toman nota e outros desprecian os avisos, seguimos agardando prediccións que falan de tormentas tropicais, de choivas torrenciais, de baixadas de temperaturas, de que escasea a choiva ou cae incontrolada… E a conclusión das nosas xentes sempre foi, e segue sendo de que “o tempo está  tolo”. O malo vai ser se a esas toleadas climatolóxicas non se lles fai o caso que merecen e non atendemos máis ca ás prediccións de cada dia, esquecendo que estamos a falar da terra que nos sostén, que nos manda mensaxes que non sabemos entender. Algún día teremos que facerlle caso, e agardemos non sexa demasiado tarde.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com