A proposta de música e danza Burbujas de papel será levada a escena no Auditorio Municipal Gustavo Freire da man de Afundación, a Obra Social de ABANCA, e a súa programación de actividades para escolares. As representacións serán os días 24 e 25 de xaneiro con dúas funcións diarias, ás 10.00 e ás 12.00 horas.
Preto de 2.000 alumnas e alumnos de educación infantil de 34 centros escolares de Lugo e arredores acudirán a ver esta produción da compañía Múcab Dans. Gañadora do Premio ao Mellor Espectáculo Familiar 2014 na Feira de Teatro de Castela-León (Ciudad Rodrigo), este espectáculo sen palabras combina a danza, a música e a interacción multimedia, creando unha proposta visual e plástica que xoga coa imaxinación dos máis pequenos para levalos a un mundo fantástico.
Roger, un trompetista namorado das burbullas, coñece a unha fada falcatrueira que lle axudará a acadar o seu obxectivo, devolverlle as ganas de xogar, rir, imaxinar e bailar a todo o mundo.