O BNG propón que o Concello aproveite as medidas da Xunta para rebaixar a factura do lixo

O voceiro do BNG no concello de Lugo, Rubén Arroxo, aproveitou a publicación no DOG das medidas para fomentar a reciclaxe e redución que permitirán aos concellos, e ás veciñas e veciños,  aforrar ata un 10% no recibo do lixo. Arroxo sinalou que “Lugo ten que apostar decididamente pola reciclase e sobre todo pola compostaxe”. O voceiro do BNG lembrou que no vindeiro pleno do concello tratarase unha iniciativa do BNG para a posta en marcha dun Plan de xestión de residuos, baseado na reciclaxe, reutilización e recuperación, alternativo ao de SOGAMA.

Este xoves, 24 de xaneiro, o BNG celebrará un acto para analizar a repercusión de promover un sistema de compostaxe a nivel municipal. O acto será ás 20.00 horas, no Centro Social Uxio Novoneyra de Lugo, e intervirán: Bernardo Varela, Responsable de Medio ambiente no Concello de Allariz; Anxo Lamelo, Biólogo e Técnico de ADEGA en Compostaxe e Rubén Arroxo, Voceiro do BNG no concello de Lugo e candidato á alcaldía.

O concello de Lugo está enviando, dende fai anos, os residuos á planta de SOGAMA. Neste momento, o sistema de SOGAMA  está cuestionado e non acada os obxectivos mínimos en canto ás porcentaxes de reciclaxe que tiña marcadas. O obxectivo marcado pola Lei de Residuos da Xunta estaba cifrado en acadar, no ano 2020, o 50% de reciclaxe dos residuos que se reciben na planta de SOGAMA, na actualidade estase a reciclar un 11% dos residuos que chegan á planta de Cerceda, mentres que a media estatal é do 30%. 

Arroxo sinalou que “existen suficientes modelos alternativos para a compostaxe e xestión de residuos que se poderían aplicar no concello de Lugo tanto no entorno urbano como no rural”. O BNG aposta por un Plan de xestión de residuos, baseado na reciclaxe, reutilización e recuperación, alternativo ao de SOGAMA que debería implantarse de xeito progresivo, iniciando proxectos pilotos en barrios e parroquias para despois extendelo ao resto do concello de Lugo. 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com