Atraca no Porto de Celeiro o buque fondeado en Viveiro e arrastrado polo vento

A situación do buque “Muros” xa está controlada. A embarcación atracou, con toda a tripulación a salvo, no Porto de Celeiro tras ser remolcada e confirmarse o arranque das máquinas do buque.

A sala de Gardacostas de Galicia activou a primeira hora desta mañá o Plan Territorial de Contaminación Mariña Accidental de Galicia en fase de alerta (Plan CAMGAL) ante a posibilidade de que o buque batese nunha zona rochosa ao ser arrastrado pola forza do vento e non arrancar os seus motores.

O 112 Galicia tivo constancia dos feitos uns minutos despois das 7:30 horas a través do Servizo de Gardacostas de Galicia e de Salvamento Marítimo, que achegou ata a zona un remolcador e mantivo en alerta ao helicóptero PESCA II por se fose preciso evacuar á tripulación da embarcación.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com