A cidade de Lugo acollerá do 6 ao 12 de abril o primeiro festival de arte e literatura dedicado integramente a enxalzar a retranca, esa calidade dos galegos, difícil de definir, a medio camiño entre a flegma británica e mais a picardía española. Serán sete días de citas culturais de primeira magnitude, con presenza confirmada de artistas de todo tipo, dende escritores, humoristas, monologuistas, monicrequeiros e cineastas, ata performancers, bailaríns, músicos e escultores. Todas, ademáis de balde e con servizo de bus.
Organizado polo Concello de Lugo, pretende malia ser un foro cultural moi serio, levar o humor ás rúas, homenaxeando unha particularidade que, en palabras de Antonio Fraguas, Forges, non é senón “un xeito de defensa verbal”: a retranca galega.
A sede central do I Festival de Arte y Literatura con Retranca será o Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL).
Cabe mencionar, entre os convidados, ao director de cine José Luis Cuerda; aos escritores Fernando Schwartz, Manel Loureiro, Jerónimo Tristante ou Pedro Feijoo; os humoristas Sergio Pazos, Carlos Blanco, Tony Antonio, Laureano Márquez e Róber Bodegas; os músicos Los Gangules, Impresenteibols ou José Córdoba “El Chivi”; o pintor Antón Sobral, o Mago Rafa, entre outros.