Tres anos e medio de cárcere por agredir sexualmente a unha menor embarazada

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a tres anos e medio de prisión a un acusado de agredir sexualmente a unha menor o 22 de marzo de 2011, cando a vítima tiña 14 anos e estaba embarazada de cinco meses. Os feitos, segundo a sentenza, sucederon no interior do vehículo do sospeitoso, quen se ofreceu a levar a vítima ao lugar do monte no que cortaban leña o seu fillo e o noivo da moza.

O tribunal considera probado que o acusado se desviou durante o traxecto para deter o coche nun camiño estreito e ofrecerlle a menor 50 euros a cambio de manter relacións sexuais con el, ao tempo que lle tocou os peitos e tentou bicala. A vítima conseguiu saír do coche, pero o sospeitoso alcanzouna e volveuna arrastrar cara ao interior, onde lle rompeu a camiseta e continuou coa agresión sexual.

Durante a loita, o procesado propinoulle unha puñada no abdome e aos poucos días, o 30 de marzo, a vítima tivo un aborto, pero o tribunal indica na resolución que é “medicamente imposible determinar a causa”. A Audiencia tamén lle impuxo ao acusado o pago dunha indemnización de 6.000 euros.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com