O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, visitou as instalacións do antigo Hospital Xeral. Na visita, o titular da carteira sanitaria estivo acompañado polo director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, Jorge Aboal Viñas, e polo xerente da área sanitaria Ramón Ares Rico.
A demolición desta infraestrutura sanitaria ten un prazo estimado de execución de sete meses. Con esta actuación, o Executivo que preside Alberto Núñez Feijóo reafirma o seu compromiso de dotar á cidadanía de Lugo de novos servizos públicos.
O orzamento das obras é de 3,2 millóns de euros e suporá actuar nunha superficie construída de máis de 20.000 metros cadrados, incluídas as edificacións auxiliares. Xa se levou a cabo o peche perimetral e sinalización de seguridade na zona na que se desenvolveran os traballos. A demolición comezará pola planta baixo cuberta e farase sempre desde arriba cara abaixo.
O proxecto do Novo barrio da Residencia contempla, entre outras instalacións, a construción do Centro Integral de Saúde de Lugo, no que a Xunta prevé investir nove millóns de euros.