O Valadouro aproba a moción da plataforma sanitaria en prol do servizo de pediatría

No pleno ordinario celebrado onte no concello de Valadouro, a moción rexistrada dous días antes pola Plataforma Sanitaria foi tratada de urxencia e aprobada por unanimidade. Desde este colectivo queremos parabenizar a todos os grupos políticos que conforman a Corporación por este solidario xesto para coas veciñas e veciños da Mariña.

A petición do tenente de alcalde, e coa conformidade da totalidade dos membros da Corporación, a moción foi defendida pola coordinadora da Plataforma, Montse Porteiro, quen desexa agradecer no nome do colectivo, a todos e cada un dos grupos políticos da Corporación Municipal do Valadouro “a deferencia que tiveron con nós ao permitirnos defender a moción”.

Ao finalizar o pleno municipal o grupo de goberno quixo mercar unhas camisetas solidarias da Plataforma e mesmo accederon a fotografiarse con elas postas. Cada día que pasa Eestas camisetas que fixemos pensando nas mobilizacións, para que toda a Mariña as luza unánime e masivamente reflectindo así o sentir dunha comarca,teñen máis aceptación”- comentan desde o colectivo sanitario.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com