O voceiro do goberno municipal, Luis Álvarez, deu conta esta mañá dos asuntos tratados na Xunta de Goberno Local.
Entre eles destacou o acordo para facer unha encomenda de xestión a Evislusa para a redacción do proxecto e de execución das obras a realizar no cuartel de San Fernando.
Doutra banda, solicitouse a licenza para a rehabilitación e acondicionamento do edificio do antigo hospital Garcia Portela para sede do Instituto Nacional de Estadística, na rúa do mesmo nome.
Luís Álvarez:
Xa fóra dos asuntos tratados na xunta, Luis Álvarez anunciou a celebración esta tarde da Mesa de Contratación para as obras de pavimentación en varias rúas do polígono do CEAO, por un importe de casi 800.000 euros e un prazo de execución de catro meses.
Por último, criticou a actitude do candidato popular á alcaldía de Lugo, Jaime Castiñeira, no referente a aprobación da xestión directa por parte do Concello para xestionar o ciclo da auga na cidade.
Luís Álvarez: