Unha persoa foi trasladada polos servizos sanitarios de urxencia ao sufrir un accidente na estrada de Lugo a Ombreiro, en Tirimol.
Todo comezou pasadas as 11:30 horas desta mañá cando unha persoa particular chamou ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia, informando dun coche que envorcara. Indicaba ademais, que había unha persoa atrapada no interior do turismo. Axiña, os xestores do CIAE-112 Galicia, poñían o suceso en coñecemento dos Bombeiros de Lugo, do 061-Urxencias Sanitarias e dos axentes da Garda Civil de Tráfico. Así mesmo, informouse á Policía Local e aos voluntarios de Protección Civil de Lugo.
Persoal sanitario confirmou o traslado da persoa ao centro hospitalario de referencia.