O programa autonómico Xogade acolle o Campionato Provincial de Campo a través de Vilalba

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, participou esta mañá en Vilalba na presentación do campionato provincial de campo a través, que congregará a 464 participantes en diversas categorías o vindeiro 3 de febreiro na capital chairega. Balseiro agradeceu ao Concello a súa colaboración coa iniciativa Xogade, o programa de deporte en idade escolar impulsado pola Secretaría Xeral para o Deporte.

Segundo subliñou, “a Xunta é a Administración máis comprometida co deporte escolar na nosa provincia, e así o reflicten os 500.000 euros que destina só no programa Xogade á organización de campionatos, transporte e seguros”. Na presentación estivo tamén o alcalde vilalbés, Agustín Baamonde, entre outros.

Para o delegado, “os nenos e as nenas son a nosa materia prima máis valiosa e deben elixir o seu camiño no deporte”, por iso esta iniciativa inclúe 14 modalidades deportivas diferentes. Fomentar a actividade física entre as xeracións máis novas “garante que poidamos contar con bos deportistas o día de mañá”, dixo Balseiro, “á vez que fomentamos hábitos de vida saudable”, concluíu. Está previsto que as probas do vindeiro domingo se desenvolvan entre as 11.30 e as 13.30 horas e a entrega de medallas será ás 13.45, aproximadamente.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com