Cs reclama melloras na promoción turística de Sarria

A queixa expresada desde Cidadáns na localidade de Sarria baséase, tal e como explica o coordinador da agrupación laranxa, Luís Álvarez Rey, en que Sarria e a súa comarca teñen unha gran relevancia turística, como o demostran os 180.000 peregrinos que cruzan o noso concello todos os anos, na súa ruta a Santiago de Compostela, dos que 85.000 inician na nosa vila a súa aventura.
O portavoz de Cs na localidade enxalza o potencial e interese da localidade sinalando que “ademais do potencial do Camiño de Santiago, o noso concello e a súa contorna ademais da súa riqueza paisaxística e monumental, son un enclave estratéxico para visitar a capital provincial e a Ribeira Sacra, entre outros moitos lugares de interese”.
Xunto a isto, a pasada fin de semana, representantes da Agrupación de Cidadáns no concello de Sarria visitaron en Madrid FITUR, unha das maiores feiras de turismo a nivel mundial, con 143.000 visitantes profesionais e 100.000 visitantes particulares, onde os membros de Cs puideron observar “como vilas de características similares á nosa tiñan unha considerable presenza”, ben a nivel individual, mancomunados, ou en casetas provinciais e autonómicas e constatando, ao mesmo tempo, como a presenza do concello de Sarria limitábase “a uns poucos folletos repartidos na caseta da provincia de Lugo”.
Tras esta visita, desde Cs Sarria cualificouse a presenza en Fitur de Sarria como “claramente insuficiente para a promoción turística do noso concello”. Por todo iso, desde Cs solicítase mediante escrito ao concello que “se incremente e potencie a promoción turística do concello, mellorando a variedade e calidade do material de promoción turística e a visibilidade de Sarria nos eventos nos que teña presenza”.
Álvarez Rey solicita ademais que esta mellora se realice tanto nas próximas edicións de FITUR como noutros eventos autonómicos e nacionais de similares características, “xa que cremos que un dos principais motores que deben reactivar a nosa economía e ser fonte de emprego debe ser o sector turístico, o cal está claro que non é unha prioridade para o actual equipo municipal”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com