Esquerda Unida defende a remunicipalización completa do ciclo da auga

Carlos Portomeñe sinalou hoxe que para EU o mellor xeito de millorar o servizo de augas é garantir o seu carácter 100% público. O partido defende unha xestión sustentable, social e participativa do servizo de auga e o saneamento “porque a auga é un ben público fundamental, non un negocio que o sucedido onte na Comisión técnico-política para abordar o modelo de xestión do ciclo completo da auga, “reflicte o teatro de máscaras no que se ten convertido a Corporación municipal”.

Na devandita Comisión, “PSOE, PP e BNG modificaron as respectivas posturas mantidas ao longo da actual lexislatura”. Por elo, Portomeñe afirmou que “os concelleiros e concelleiras do PSOE, PP e BNG padecen un trastorno de personalidade que mesmo lles leva a confundir o partido no que militan, ademais de xenerar tal confusión nas súas filas que os seus militantes descoñecen a día de hoxe a posición real dos seus dirixentes con respecto á xestión da auga”.

Portomeñe lembrou que a lexislatura se iniciou cun acordo de goberno entre o PSOE e o BNG polo que privatizaban a xestión do ciclo completo da auga a través da creación dunha empresa mixta. “O PP, que defendera sempre a privatización a través da concesión a unha empresa privada, modificou a súa postura despois da decisión de PSOE e BNG de crear a empresa mixta e, en contra dos seus principios neoliberais, defendeu entón a xestión directa”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com