A sala de eventos da rúa San Froilán,
La Ferretería, acollerá o vindeiro sábado 23 de febreiro a partir das 9:30 horas e durante toda a mañá o
estati.co DAY, unha xornada na que a axencia de marketing dixital de Lugo, dedica a resaltar o bon traballo que se está a facer na provincia no marketing online. Esta actividade está incluida dentro da programación anual de workshops e eventos que organiza a empresa.
Durante toda a mañá amosarán en diferentes mesas redondas e ponencias, cun total de 12 poñentes lucenses, exemplos do bon traballo no mundo online en diferentes ámbitos: tendas en liña, redes sociais, influencer, apps e xestión de campañas. Estarán presentes dentro da mesa inicial sobre creación de contidos para redes sociais empresas como Grupo Hotusa, e pequenos comercios lucenses como Mamá Limón o Tea4Two.
Na mesa redonda de e-commerce, explicarán o seu caso empresas de diferentes ámbitos, como Bandua Wargames, que distribúe os seus produtos por todo o mundo; Sente Galicia, coa venda de paquetes de escapadas; e Mi Madre no Me deja, exemplo de como artesáns tamén poden dar o paso á venda online mundial.
Outro tema actual que abordarán no estati.co DAY será o dos influencers e como empresas de Lugo poden aproveitarse deste tirón para os seus negocios coa presenza de microinfluencer locais como Ingrid Hughes imaxe en redes do centro comercial As Termas, Lady Adara e Laura Marón.
Neste congreso de marketing dixial tamén terá espazo o mundo das apps cunha ponencia de Brais Moure de Mouredev, sobre como posicionar e facer chegar a máis público a túa propia app, ou incluso como aproveitar unha web para convertila nunha aplicación para o móvil. Ademáis a experta en Marketing Dixital, Raquel Durán, abordará a creación de campañas efectivas en redes sociais.
estati.co pretende con este evento que todos os asistentes poidan aproveitar o coñecemento do traballo de outros profesionais e poidan aplicalo no seu propio negocio. O evento serve tamén como punto de encontro para facer networking na pausa do café e na participación activa do público nas diferentes mesas e ponencias.
As entradas xa se poden adquirir en
estati.co/day, onde tamén recollen toda a información sobre o evento, e na plataforma
eventbrite. O aforo é limitado.
Post Views: 0