A cidade de Lugo acolle por cuarto ano consecutivo a Semana da Danza

A Concelleira de Cultura,  xunto coa Directora do Conservatorio Profesional de Danza, en representación das Escolas de danza de Lugo, presentaron esta mañá a IV Semana de Danza de Lugo que se celebrará entre o 24 e o 29 de abril.

A edil subliñou que é unha “alegria anunciar esta cuarta semana da Danza xa que cada vez son máis as persoas que se senten atraidas por este arte e ver como desfrutan os bailaríns representando as súas pezas pero tamén os familiares ven como se desenvolven na danza clásica”.

A directora agradeceulle ao Concello a posibilidade de organizar a Semana da Danza, e deu a coñecer o programa que comezará o venres 24 de abril ás 20.30 horas co Grupo de Danza Contemporánea e o Grupo de Percusión do Conservatorio de Música que porán en escea o espectáculo Resonancias en Movemento no Auditorio Municipal Gustavo Freire.

O sábado, 25 de abril, terá lugar o Encontro de centros de danza, no que participan diversos centros de ensinanzas de danza clásica e contemporánea de toda Galicia e co que se conmemora o Dia Internacional da Danza. O Encontro reunirá a numerosos alumnos procedentes de Santiago, A Coruña, Oleiros, Ferrol, Vilagarcia de Arousa, Ribadeo e Lugo.

O día 26, é o día adicado a outros estilos de danza distintos da clásica e a contemporánea. No acto colectivo “Fusión en Danza” participarán bailarines dos centro de ensinanza Ritmo Lugo, Star Dance, Victoria Gil, Mercedes Castro, Espazo Artístico 10 e Teresa Neri, que se dedican a outros estilos de danza. Será ás 19.00 horas tamén no Gustavo Freire.

O luns 27 de abril a partir das 19 horas terá lugar a presentación do concurso coreográfico no que o alumnado presentarán diferentes traballos coreográficos sobre Martha Graham.

O martes 28 de abril o alumnado do Grao Profesional de danza clásica do Conservatorio de Danza de Lugo levarán a cabo unha actuación mostra do repertorio de danza clásica que comezará as 20 horas.

As actividades da Semana da Danza rematarán o mércores, 29 de abril, coa actuación do Xove Ballet de Galicia que representarán O lago dos cisnes en dous pases, un para escolares de toda a provincia ás 11.30 horas e outro para todos os públicos ás 20 horas. Este último terá unha entrada a un prezo único de 6 euros que se poderá mercar dende unha hora antes da actuación ou ven na web www.servinova.es ou www.afundacion.org.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com