Burela acolle este sábado a I Quedada de Vehículos Clásicos

O Concello de Burela, en colaboración con AutoClásicos da Mariña Lucense, organiza a I Quedada de Vehículos Clásicos que se celebrará este sábado, 9 de febreiro, na localidade. Os coches estarán de 11 a14 horas na praza do Concello e despois realizarán unha ruta por Burela. O concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández Rey, anima a acudir a ver esta cita na que se darán cita vehículos dos anos 60 e 70.

O edil burelés anunciou que “imos ter aquí en Burela unha exhibición de coches antigos. Pedíronos autorización para poder facela aquí e desde a Concellería de Turismo pareceunos unha iniciativa interesante”.

Fernández Rey contou que “a demostración vai constar máis ou menos de trinta coches, dos anos 60 e 70. Entendemos que é unha actividade que pode ser interesante e que na xente seguramente esperte curiosidade os coches desa época”.

O concelleiro de Turismo explicou que “sobre as once da mañá teñen prevista a chegada á praza do Concello, e ata as dúas da tarde estarán por aquí ensinando a todos os curiosos que queiran ver todos eses modelos antigos de coches. Despois desprazaranse a un restaurante de Burela para comer, e xa pola tarde farán unha ruta que teñen planificada para dar un paseo por Burela e pola costa”.

Fernández Rey engadiu que “como Delegación de Turismo colaboramos con esta iniciativa. Entendemos que é interesante posto que este tipo de actividades tamén atraen xente a Burela e estamos encantados de poder colaborar con eles. Esperamos e invitamos a toda a xente que teña curiosidade por ver este tipo de coches, que se mova pola praza da Mariña este sábado e seguro que quedarán contentos”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com