Desde o grupo municipal de Cidadáns solicitouse esta mañá a mellora no mantemento da rúa Marqués de Ombreiro xa que, segundo o concelleiro, Jesús Expósito, esta vía presenta “moi mala imaxe” ao ter numerosos pasos de peóns despintados e, sobre todo, unha gran fochanca no cruzamento coa Rúa Alcalde Carlos V Pimentel.
“Desde verán esta rúa xa presentaba numerosas gretas e pasos de peóns sen pintar, que requirían un mantemento, pero por culpa do desgoberno e pasotismo de Lara Méndez estes danos acabaron converténdose nunha gran fochanca, que é un perigo para o tráfico e unha gran molestia para os veciños”, considera Jesús Expósito, concelleiro de Cidadáns.