Animalistas remiten a Lugo 11 propostas para evitar cacerías de xabarís na cidade

A Asociación Animalista Libera e a Fundación Franz Weber seguen facendo presión para evitar a autorización de batidas nas zonas periurbanas de Lugo, onde a Xunta de Galicia expuxo que sexa a modalidade de caza con arco a escollida para realizar posibles “agardas nocturas” en puntos que mantería en segredo para evitar a resposta social.

Un novo paso dos animalistas foi remitir, a través de rexistro, a Guia de mesures per reduir els danys causats per mamífers da fauna salvatge en zones rurals, urbanes i infraestructures editada en novembro de 2018 pola Deputación de Barcelona e que foi elaborada por catro expertos que contaron tamén co apoio da Generalitat de Cataluña.

Os animalistas sinalan que os autores deste documento pioneiro teñen a experiencia e a formación acreditada como para que o Concello de Lugo comece a ensaiar algunhas das once medidas de prevención e disuasión de fauna silvestre que se expoñen na guía, como o uso de elementos olfativos e sonoros, ou a propia adaptación do mobiliario urbano.

Neste sentido, ambas as organizacións expoñen a redacción dun protocolo de actuación coordinada para as forzas de seguridade, tanto Policía Local como Garda Civil, no que se podería incluír o uso de sedantes no caso de que os xabarís ou outros animais silvestres amosasen algún grao de agresividade durante as tarefas de acompañamento ao Medio natural, advertindo que a caza que expón a Xunta só suma fracasos.

Os defensores dos animais tamén instaron á Xunta a non desinformar nin a xogar co medo social sobre as enfermidades que podería transmitir a fauna silvestre, lembrando que o caso máis próximo de Peste Porcina Africana (PPA) deuse en Etalle, rexión de Bélxica, a máis de 850 quilómetros da fronteira con España, e ademais existe un Plan Nacional de vixilancia epidemiolóxica que inclúe unha mostra de análise de 50 jabalíes na provincia de Lugo para 2019.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com