Podemos busca forzas de esquerdas para formar un “proxecto único e plural co que facer fronte ás dereitas”

A agrupación municipal de Podemos en Lugo, encabezada por José Manuel Pérez Afonso ‘Josito’, vén de anunciar que o alcaldable da formación morada reunirase esta semana con diferentes partidos, colectivos e independentes para conformar unha listaxe “de unidade”.

Segundo asegura a agrupación nun comunicado, comezan así unha serie de reunións coas forzas progresistas co fin de poder “pulir diferenzas e ser capaces de conformar un proxecto único e plural” para facer fronte ao bloque de dereitas que, na súa opinión, “deteriora o benestar e dereitos da xente”.

Entre as formacións de esquerdas que barallan para as primeiras reunións persoais, Podemos Lugo destaca Anova, Equo e EU, ademáis tamén terán encontros con sectores independentes da cidade e xente de colectivos sociais para “pechar canto antes” un equipo baseado no “acordo estatal polas nosas inscritas e, de acordo coa nosa organización autonómica, máis aberto, tendendo pontes para entendernos, respondendo á concepción propia da cidade, para conformar unha lista con garantías baseándonos nos principio de radicalidad democrática, honestidade e xenerosidade”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com